Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Catedral de Santa María

Praza de San Fernando 

986 60 05 11

De 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

Catedral  de Tui preside o conxunto histórico de Tui. O seu aspecto fortificado e crisol de estilos arquitectónicos domina as panorámicas da cidade.

A súa edificación iniciouse en 1120 e prolongouse ata 1225 cando foi consagrada, en tempos de Alfonso IX, polo bispo Egea no mes de decembro.

O románico domina a construción inicial do templo, destacando a portada norte, e foi rematada en gótico tendo no pórtico catedralicio o primeiro exemplo da escultura gótica na Península Ibérica.

Os órganos bárrocos, a sillería do coro, o retablo da Expectación, a capela das Reliquias, o claustro ou o Museo Catedralicio son só algúns dos elementos destacados do principal templo tudense, sede amais da diocese de Tui-Vigo.

A entrada á Catedral ten un prezo de 4€, contemplándose descontos para distintos colectivos, e inclúe o servizo de audioguía. O acceso é gratuíto para os residentes, nados na diocese de Tui-Vigo e para os menores de 12 anos. Ofértanse amais visitas guiadas ao templo, principalmente ás cubertas, cuxos horarios débense consultar na propia Catedral.