Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Baixo Miño

Tui é a cabeceira do Baixo Miño, unha comarca bañada polo río Miño nos seus últimos quilómetros até o océano Atlántico. Situada no suroeste da provincia de Pontevedra conta cunha superficie de 322,8 km² e unha poboación que supera os 50 mil habitantes. O Baixo Miño está formado polos municipios de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia

Unha paisaxe única con río, mar, montaña, cidade, un clima agradable, e hospitalidade da súa xente, que fan desta comarca un lugar cheo de atractivos. 

Os petróglifos existentes en todo o territorio, os castros de Santa Trega na Guarda e Alto dos Cubos en Tui, dan conta dos primeiros asentamentos na comarca. O sistema de fortalezas reflicten o seu pasado fronteirizo en épocas de contiendas. A importancia da auga e do campo queda plasmada nos muíños do Tripes en Tui e no conxunto etnográfico dos Muíños do Folón e do Picón no Rosal. 

Os diferentes estilos arquitectónicos dende o románico ao gótico quedaron plasmados en monumentos que hoxe permiten un achegamento ao arte. 

A natureza é protagonista no Parque Natural do Monte Aloia en Tui, así coma no esteiro do Miño na Guarda,... e os cultivos gañan protagonismo cun puxante sector do viveirismo.

O meixón e os peixes de améndoas en Tui, o roscón de xema na Guarda, os mirabeis do Rosal... teñen oco propio na gastronomía baixomiñota dominada por mariscos, peixes e carnes de gran calidade. 

O Baixo Miño é un destino privilexiado do que gozar.