Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Axudas COVID 19 - Empregadas do Fogar

Subsidio extraordinario temporal do que se poderán beneficiar ante a falta de actividade, a redución das horas traballadas ou a extinción do contrato como consecuencia do COVID-19.

(Artigo 30 do real Decreto-Lei 11/2020)

A acreditación do feito causante debera efectuarse por medio dunha declaración responsable, asinada pola persoa empregadora . No suposto de extinción do contrato, este poderá acreditarse por medio da carta de despido, comunicación de desestimento da persoa empregadora, ou documentación acreditativa da baixa no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

A contía do subsidio dependerá da retribución percibida con anterioridade, así como da redución de actividade que se sufra, esixíndose unha proba acreditativa de dita redución ao empregador. O subsidio será equivalente ao 70% da súa base reguladora no caso de que a perda de actividade sexa total. Se a persoa empregada reduce a súa xornada, percibirá a parte proporcional correspondente a esa redución de xornada.

O subsidio é compatible con outros ingresos por conta propia ou allea, sempre que non superen, en conxunto, o SMI. Sen embargo, será incompatible co subsidio por incapacidade temporal ou co cobro do Permiso Retribuído Recuperable.

O SEPE establecerá no prazo dun mes, a partir do 02/04/2020, o procedemento da tramitación de solicitudes, que determinará os formularios, sistema de tramitación e prazos para a súa presentación.