Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Axudas COVID 19 - Axudas Vivenda

2.1. VIVENDA

a) Durante o próximo mes e mentres estea en vigor o estado de alarma, NON PODERÁN SUSPENDERSE O SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS NATURAL E AUGA aos consumidores persoas físicas na súa vivenda habitual.

Para acreditar ante o subministrador que o subministro se produce na vivenda habitual, o consumidor poderá empregar calquera medio documental que acredite de maneira fiable dita circunstancia. 

 (Artigo 29 do Real Decreto-Lei 11/2020 ) .

No caso de electricidade e gas natural, a normativa prevé que deben pasar dous meses dende o requirimento fiable de pago ata poder cortar o subministro. No caso de electricidade, o prazo amplíase a 4 meses no caso de consumidores vulnerables que sexan beneficiarios do bono social.

Ademais, a normativa actual impide interromper o subministro eléctrico en caso de impago ós fogares acollidos ao bono social nos que haxa, alo menos:

- Un menor de 16 anos na unidade familiar.

- Un dos membros da súa unidade familiar sexa unha persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou con grado de dependencia II ou III, previo certificado expedido polos servizos sociais das Administracións Públicas competentes. 

As medidas aprobadas en relación co COVID-19 paralizan estes prazos, de modo que mentres dure o estado de alarma, non computan. Esto significa que, se o primeiro requirimento fiable de pago ocorre durante o estado de alarma, o prazo de dous meses ( ou de 4 meses en caso de consumidores vulnerables) empezará a contar dende que finalice o estado de alarma.

b) PRORRÓGASE DE FORMA AUTOMÁTICA ATA O 15 DE SETEMBRO O BONO SOCIAL para os beneficiarios pendentes de renovar a solicitude.

Unha vez concedido o bono social, a prestación ten unha vixencia de dous anos. Para evitar que as persoas beneficiarias que necesitan renovalo deixen de percibir os descontos e beneficios previstos apróbase a prórroga de forma automática.   

(Artigo 4 do Real Decreto-lei 8/2020)

c) AMPLÍASE O COLECTIVO DE PERCEPTORES DO BONO SOCIAL DE ELECTRICIDADE ás persoas físicas consideradas como vulnerables, e poderán a acceder a un 25% de desconto na súa factura eléctrica.

Serán consideradas preceptoras do bono social de electricidade:

  • As persoas traballadoras autónomas que cesaran a súa actividade a causa do COVID-19.
  • As persoas traballadoras autónomas que tivesen un descenso da súa facturación  dun 75% de promedio respecto ao semestre anterior a causa do COVID-19.

Para estes casos poderán acollerse a este desconto cando a súa renda ou a renda conxunta anual da unidade familiar á que pertenza sexa:

  • Menor ou igual a 2,5 veces o IPREM de 14 pagas se non hai ningún menor na unidade familiar : 18.799 €/ ano.
  • Menor ou igual a 3 veces o IPREM de 14 pagas no caso de que haxa un menor na unidade familiar: 22.559 €/ ano
  • Menor a 3,5 veces o IPREM de 14 pagas no caso de que haxa dous menores na unidade familiar: 26.318 €/ ano.

A condición de consumidor vulnerable por causas vinculadas ao COVID-19 extinguirase  cando deixen de concorrer as circunstancias de actividade económica referidas. En ningún caso a consideración de consumidor vulnerable se estenderá máis de 6 meses dende o inicio do seu devengo.

O bono social devengarase a partir do primeiro día do ciclo de facturación no que teña lugar a recepción da solicitude completa coa documentación acreditativa que sexa necesaria. Aplicarase na seguinte factura, sempre que dita factura se emita transcorridos como mínimo quince días hábiles dende a recepción da solicitude completa do consumidor pola empresa comercializadora de referencia.