Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A Catedral de Tui ilumínase coma lugar emblemático do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Acende o Xacobeo

Undefined

 A fachada norte da Catedral de Tui permanece ao longo destas festas de Nadal, ata este xoves 6 de xaneiro, iluminada co logotipo da celebración do Xacobeo 2021-2022, nunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia de iluminación dos lugares máis emblemáticos dos Camiños de Santiago en Galicia.

Rematan as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans en Randufe

Undefined

O Concello de Tui vén de rematar as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans, en Randufe, ao abeiro da Liña II das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio. Trátase dunha axuda da Xunta de Galicia publicada no DOG o 10 de setembro o abeiro da liña II : equipamentos de titularidade municipal que se sinalan a continuación: Fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

Mañá mércores preséntase o novo número da revista Castellum Tyde do Instituto de Estudos Tudenses

Undefined

Mañá mércores, 29 de decembro, o Salón de Plenos da casa do concello de Tui acollerá ás 19.30 h a presentación do novo número da revista “Castellum Tyde” que edita o Instituto de Estudios Tudenses e que patrocina o Concello de Tui. Trátase da sétima entrega desta publicación periódica dedicada á investigación sobre a cidade de Tui e o seu territorio histórico.

Reactívase a cita previa para a atención nos departamentos municipais

Undefined

Debido á incidencia da covid dende hoxe martes, 28 de decembro, será preciso solicitar cita previa para acudir a calquera servizo municipal na casa do concello, dende o rexistro de entrada aos distintos departamentos municipais.

A decisión de reactivar o servizo de cita obedece a alta incidencia da covid rexistrada nestes momentos en Tui.

Pódese solicitar cita previa de luns a venres de 9 a 13 h.  Unha vez se conte coa cita deberase acudir na data e hora indicada e acceder pola porta lateral da rúa Párroco Rodríguez Vázquez, e chamar ao timbre instalado. 

O CRA Mestra Clara Torres recibe a medalla de ouro do Concello de Tui

Undefined

O CRA Mestra Clara de Torres de Tui recibiu este mediodía a medalla de ouro do Concello de Tui en recoñecemento ao seu importante labor educativo ao longo das dúas últimas décadas. O salón de sesións acolleu o acto de entrega presidido polo alcalde, Enrique Cabaleiro, contando coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do xefe territorial de Educación da Xunta, César Pérez Ares,  do bispo da diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, e do presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira xunto aos membros da corporación, a comunidade educativa e outras autoridades convidadas.

Entrega da medalla de ouro do Concello de Tui ao CRA Mestra Clara Torres

Undefined

O próximo luns, 27 de decembro, ás 13 h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar o acto de entrega da medalla de ouro do Concello de Tui ao CRA Mestra Clara Torres. A concesión desta distinción foi acordada por unanimidade na sesión plenaria celebrada no mes de novembro do ano 2020.

Felicitación Tui, o Camiño do Nadal 2021

Undefined

O Nadal é nacemento, o inicio dun tempo de esperanza no que florecen novas ilusións, e no que afloran valores tan nosos como a solidariedade e o altruísmo, valores que nos permitiron superar momentos moi difíciles.

Nestas datas amosemos o noso mellor sorriso a quen nos rodea, tendamos a nosa man amiga a quen nos necesita, e brindémoslle o noso afecto.

Iniciemos xuntos o Camiño do Nadal, o camiño que nos conduce pola senda da bondade, tecendo lazos e tendendo pontes de hospitalidade e irmandade.

Bo Camiño, Bo Nadal.

 

O Pavillón Deportivo Municipal Novo pasa a denominarse Gustavo Rodríguez

Undefined

Este xoves, 23 de decembro, ás 12.00 horas, realizarase o acto de instalación da placa conmemorativa da denominación do Pavillón Deportivo Municipal, como Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, tralo acordo plenario do Concello de Tui, de 30 de setembro, como mostra de recoñecemento polos méritos deportivos do deportista tudense.

No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o triatleta tudense Gustavo Rodríguez, acompañados polos concelleiros e concelleiras da corporación municipal de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía