Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui retoma o Foro do Camiño Portugués coa presenza de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Undefined

O vindeiro martes, 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma, logo da paréntese do Nadal, a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués”. Nesta ocasión será coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui dende o ano 2017.

Tui acolle a exposición “Diálogos” da Biblioteca Nacional de Israel e a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad

Undefined

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende esta semana exposición “Diálogos”. A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía. Esta mostra chega ata a nosa cidade a través da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui dende o ano 2019.

O Concello de Tui e a AECC reforzan a colaboración entre ambas entidades

Undefined

O Concello de Tui e a AECC, Asociación Española Contra o Cancro reforzan a colaboración entre ambas entidades. Así o acordaron esta mañá na reunión mantida na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, Carmen González e o coordinador de Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, Telmo José Crespo Tojeiro.

O Concello de Tui investiu 30 mil euros de fondos propios en obras de reforma do Pavillón Deportivo Municipal Vello

Undefined

O Concello de Tui vén de investir ao redor de 30 mil euros en obras de mantemento no Pavillón Deportivo Municipal Vello.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e outros membros da corporación municipal, visitaron onte á tarde as instalacións tras a reforma realizada. No momento da visita estaban a adestrar distintas categorías do Club Baloncesto Tui. Este é un dos clubs que adestra e compite nestas instalacións xunto a A Quinta de Tui F.S. e o C.D. Tui F.S.

A Catedral de Tui ilumínase coma lugar emblemático do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Acende o Xacobeo

Undefined

 A fachada norte da Catedral de Tui permanece ao longo destas festas de Nadal, ata este xoves 6 de xaneiro, iluminada co logotipo da celebración do Xacobeo 2021-2022, nunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia de iluminación dos lugares máis emblemáticos dos Camiños de Santiago en Galicia.

Rematan as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans en Randufe

Undefined

O Concello de Tui vén de rematar as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans, en Randufe, ao abeiro da Liña II das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio. Trátase dunha axuda da Xunta de Galicia publicada no DOG o 10 de setembro o abeiro da liña II : equipamentos de titularidade municipal que se sinalan a continuación: Fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

Mañá mércores preséntase o novo número da revista Castellum Tyde do Instituto de Estudos Tudenses

Undefined

Mañá mércores, 29 de decembro, o Salón de Plenos da casa do concello de Tui acollerá ás 19.30 h a presentación do novo número da revista “Castellum Tyde” que edita o Instituto de Estudios Tudenses e que patrocina o Concello de Tui. Trátase da sétima entrega desta publicación periódica dedicada á investigación sobre a cidade de Tui e o seu territorio histórico.

Reactívase a cita previa para a atención nos departamentos municipais

Undefined

Debido á incidencia da covid dende hoxe martes, 28 de decembro, será preciso solicitar cita previa para acudir a calquera servizo municipal na casa do concello, dende o rexistro de entrada aos distintos departamentos municipais.

A decisión de reactivar o servizo de cita obedece a alta incidencia da covid rexistrada nestes momentos en Tui.

Pódese solicitar cita previa de luns a venres de 9 a 13 h.  Unha vez se conte coa cita deberase acudir na data e hora indicada e acceder pola porta lateral da rúa Párroco Rodríguez Vázquez, e chamar ao timbre instalado. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía