Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui será esta fin de semana capital do balonmán galego

Undefined

Tui converterase esta fin de semana na capital galega do balonmán ao xogarse na cidade a Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán. O Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez  será o escenario dos encontros nos que o SAR Rodavigo, o Balonmano Porriño, o Escayolas Miguel Santos BM Cangas e Tecnelsa Asmubal Meaño na categoría feminina, e o Club Cisne Colegio Los Sauces, o Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán, o  Martínez & De Castro Balonman Tui e o Valinox Novás na masculina buscarán o ascenso de categoría.

Presentación da Final a 4 Xuvenil Feminina e Masculina de Balonmán

Undefined

Mañá xoves, 26 de marzo, ás 12.30 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Final a 4 na categoría xuvenil feminina e masculina de balonmán, que se celebrará os días 28 e 29 de marzo no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença presentou esta mañá o seu calendario deportivo para este ano 2026, formado por catorce eventos de 10 modalidades deportivas conforman unha programación única en Europa compartida entre dous municipios de dous países.

Até decembro máis de 8 mil persoas participarán nas distintas probas previstas que suporán un investimento superior aos 65 mil euros.

Tui acolle esta fin de semana a única regata cronometrada de embarcación 8+ de remo que se celebra en España

Undefined

Espectáculo deportivo de primeiro nivel nas augas do río Miño en Tui este sábado coa celebración da 45ª Regata Miño Internacional, a única regata cronometrada de embarcacións 8+ de remo que nestes momentos se celebra a nivel nacional. A proba é tamén a XXI Copa Presidencia da Deputación de Pontevedra.

A San Silvestre Tudense consolídase en só catro edicións acadando as 2 mil persoas inscritas

Undefined

Novo récord de participación na IV San Silvestre Tudense celebrada o pasado 31 de decembro. A proba contou con 2 mil persoas anotadas, pechándose a inscrición catro días antes do establecido inicialmente pola organización ao acadar o número máxico fixado para esta edición.

A proba foi festiva, deportiva e tamén solidaria logrando recadar 3.500 €, doados polas persoas participantes, a favor da Asociación Española contra o Cancro

Presentación da XLV Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá xoves, 15 de xaneiro, ás 11.00 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XLV Regata Miño Internacional, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, coa Federación Galega de Remo, Comandancia Naval do Miño, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Protección Civil de Tui. Este evento terá lugar este sábado 17 de xaneiro, nas augas do río Miño.

A IV San Silvestre Solidaria foi unha festa deportiva e solidaria que reuniu a 2 mil persoas

Undefined

Toda unha festa foi o pasado mércores a celebración da IV San Silvestre Solidaria. Dúas persoas percorreron as rúas da cidade, o Paseo Fluvial e conxunto histórico nun evento que en só catro edicións se ten consolidando batendo récord e participación cada ano. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Deportes