Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui pon en valor a creatividade, a artesanía e o talento local na segunda edición de Mercarte

Undefined

Apoiar o emprendemento creativo, dinamizar a actividade cultural e comercial da cidade e ofrecer un espazo próximo onde creadoras e público poidan atoparse arredor da artesanía, do deseño e da produción local é o obxectivo de Mercarte. Este espazo pop-up celebrará a súa segunda edición do venres 15 de maio ao luns 15 de xuño na sala anexa da Oficina de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira. Abrirá de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h, ampliando os venres e sábados o seu horario até as 21 h.

Tui consolídase como gran porta do Camiño Portugués  

Undefined

O Camiño Portugués continúa a súa tendencia ascendente. Así o confirman os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago referidos ao pasado mes de abril cando esta ruta xacobea rexistrou un total de 12.174 peregrinos, o que supón un incremento do 6% respecto ao mesmo período do ano anterior. Este crecemento reafirma a solidez dun itinerario que, no que vai de ano 2026, xa suma 17.095 camiñantes, un 9% máis que en 2025.

O tudense Dámaso Rodríguez completou os 1.165 kms da iniciativa “Cruzando Camiños”

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, recibiron este mediodía na casa do concello a Dámaso Rodríguez Costas.  Este tudense completou hoxe, chegando a Tui, 1.165 kms dende Alcalá de Henares, de onde partiu  o pasado 4 de abril para realizar a iniciativa “Cruzando Camiños”.

O tudense Dámaso Rodríguez chega mañá a Tui tras percorrer máis de mil quilómetros por vías xacobeas dende Alcalá de Henares

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibirá mañá xoves ás 12.30 h na casa do concello a Dámaso Rodríguez Costas, que culmina na xornada de mañá a iniciativa “Cruzando Camiños” na que ten percorrido máis de mil quilómetros dende Alcalá de Henares até Tui a través dos Camiños de Santiago. 

Tui recibe a un grupo de corenta alumnos e profesores de dez países que participan nun curso Erasmus

Undefined

Hoxe martes, 5  de maio, a Eurocidade Tui-Valença acolle a visita dun grupo de 37 alumnos e tres profesores, de dez nacionalidades distintas, que participan na iniciativa sobre “Creación de experiencias turísticas en áreas transfronterizas”  que propón analizar unha transformación no modelo de desenvolvemento turístico do territorio.

O tudense Dámaso Rodríguez conecta Alcalá de Henares e Tui a través de distintas rutas xacobeas

Undefined

A comezos do mes de maio chegará a Tui o tudense Dámaso Rodríguez tras completar “Cruzando Camiños” un percorrido no que a través de diversas rutas xacobeas conecta Alcalá de Henares e Tui. Dámaso Rodríguez é o presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago Complutense de Alcalá de Henares (Madrid), neste percorrido une ambas localidades con séculos de pegadas peregrinas e un legado cultural e social que se entrelazan ao longo do tempo.

Os Sambenitos da Catedral de Tui expóñense en Ávila

Undefined

Os Sambenitos da Catedral de Tui son pezas únicas que este días se poden  visitar en Ávila na exposición “Historia, Memoria e Infamia” que foi inaugurada esta mañá na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de San Francisco. 

O acto contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do alcalde de Ávila, Jesús Manuel Sánchez Cabrera, das concelleiras de Turismo de Tui, Ana Núñez, e de Ávila Sonsoles Prieto, do comisario da exposición, Rafael Sánchez Bargiela, e do xerente da Red de Juderías Iñaki Echeveste. 

Tui inicia a colaboración co municipio italiano de Viterbo

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a rexedora de Viterbo, Chiara Frontini, asinaron onte na casa do concello un protocolo de intencións, entre ambos municipios. No mesmo sinálase a importancia histórica e cultural de ambas localidades “ambas, gardiás de centros históricos de grande relevancia e de testemuñas artísticas e arquitectónicas de extraordinaria importancia, representan lugares nos que o pasado continúa vivo no presente, contribuíndo a definir a identidade das comunidades locais.

Tui brindou por San Telmo coa excelencia das pequenas producións vitivinícolas e a gastronomía km0

Undefined

Tui comezou ás festas de San Telmo, na fin de semana pasada, brindando cos produtos vitivinícolas de pequenos produtores das dúas beiras do Miño no V Encontro de Viños da Raia. Unha cita en gastronómica que crece edición a edicións e que en moi pouco tempo se consolidou dentro do programa festiva da cidade.

Tui inicia a conta atrás para as Festas de San Telmo 2026

Undefined

Todo preparado en Tui para a celebración das festas de San Telmo que comezarán oficialmente este sábado coa lectura do pregón a cargo da presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño.  A cita será ás 12.45 h dende o balcón do edificio da praza da Inmaculada, recentemente remodelada, que será o primeiro escenario destes festexos patronais de Tui, declaradas de Interese Turístico Galego.

A música,  a gastronomía e a tradición serán protagonistas nesta fin de semana que reunirá xa a miles de persoas na cidade.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo