Este sábado terá lugar unha visita guiada ao patrimonio xudeu da Eurocidade Tui-Valença
Esta fin de semana continúan as actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía dentro do programa do Setembro Xudeu. Este sábado, 20 de setembro, ás 17 h sairá dende a Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, unha visita guiada polo patrimonio xudeu de Tui e de Valença.




