Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Un total de 14 proxectos, 4 en Tui, foron os postos en marcha en 2023 e 2024 ao abeiro da Medida Leader de Galicia Suroeste

Undefined

Un total de 14 proxectos en sete concellos, entre eles Tui, foron os postos en marcha en 2023 e 2024 ao abeiro da Medida Leader, consolidando o tecido económico e social do territorio de Galicia Suroeste. En conxunto supuxeron un investimento de máis de 1,5 millóns de euros, dos que preto de 746.000€ foron financiados a través destes fondos europeos.  

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

Undefined

Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para vivir unha experiencia inesquecible. Baixo o lema "A Maxia do Nadal está en Tui", o municipio ofrece á veciñanza e visitantes un amplo programa de actividades para todas as idades, cargado de tradición, encanto, maxia e espírito festivo.

Agasallos, decoración, artesanía, e delicias gastronómicas ofértanse nos 20 postos do Mercado de Nadal instalados no Paseo da Corredoira en casetas de madeira cunha coidada decoración. Esta fin de semana abre de 12 a 14 h e de 17 a 22 h, coa salvidade de que o domingo os postos pecharán ás 21 h.

Tui acende este sábado o Nadal

Undefined

Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30 h o seu Nadal. Será co simbólico acto de acendido do alumeado de Nadal que se desenvolverá na praza da Inmaculada. Máis de 506 mil bombillas led e máis de 4 mil metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia.  O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.

Tui acolle este Nadal o Taller Máxico de Papa Noel

Undefined

Tui dinamizará a súa programación de Nadal este ano cun espazo único e inesquecible: O Taller Máxico de Papá Noel, un espazo que transformará o edificio dos antigos xulgados, na Praza da Inmaculada, dende o 30 de novembro até o 5 de xaneiro. Este lugar máxico converterá a cidade nun verdadeiro conto de Nadal, ofrecendo diversión e solidariedade tanto para pequenos coma para maiores.

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror

Undefined

Tui será a sede de Congreso de Fantasía,Ciencia Ficción e Terror do estado español, Hispacon, no último cuadrimestre 2026. Así o designou hai un días a asemblea xeral de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror, tras a proposta realizada pola escritora tudense de xénero fantástico Conchi Regueiro, que obtivo o respaldo da maioría das persoas participantes na asemblea.  O Concello de Tui colaborará coa organización deste evento.

Tui avanza na desestacionalización do turismo incrementando significativamente o número de visitantes en outubro

Undefined

Tui avanza na desestacionalización do turismo consolidándose coma un destino turístico atractivo ao longo de todo o ano, tal e coma reflicten os datos da Oficina Municipal de Turismo referidos ao pasado mes de outubro.

Así, durante o pasado mes de outubro, a Oficina de Turismo rexistrou un incremento dun 57% no número de persoas, turistas e peregrinos, que solicitaron información con respecto ao mesmo mes do ano anterior, pasando das 1.497 persoas en outubro de 2023 ás 2.353 deste ano.

Tui consolídase coma principal punto de inicio do Camiño Portugués a Santiago

Undefined

Tui consolidouse en setembro coma o principal punto de inicio do Camiño Portugués a Santiago, foi amais o segundo lugar de partida de todas as vías xacobeas. Máis de seis mil persoas elixiron a cidade para iniciar esta ruta xacobea o mes pasado. Estas cifras – tanto no cómputo de peregrinos e peregrinas que  realizaron o Camiño Portugués coma os que saíron de Tui – incrementáronse nun 12% con respecto a setembro de 2023.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo