Tui acolle o XX Festival de Teatro Grecolatino no que hoxe participaron preto de 900 alumnos
O Teatro Municipal de Tui é este ano unha das sedes do XX Festival de Teatro GrecoLatino que se celebra a nivel nacional. En Galicia desenvólvese baixo a organización da Delegación Gallega de la Sociedad Española de Estudios Clásicos, e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.