Visita institucional á exposición “135 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño”
Este xoves 25 de marzo, ás 12.00 horas na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizará unha visita institucional xuntamente co presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodríguez Lopes, á exposición “135 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño” no aniversario da inauguración en 1886 desta ponte internacional.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.