Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, presenta mañá xoves dous novos libros
Mañá xoves, 17 de setembro, ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) terá lugar a presentación das últimas publicacións editadas polo investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida. Trátase de “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Os muíños do concello de Tui”.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.