As luces do Nadal iluminan Tui
As luces do Nadal iluminan xa Tui, tanto as rúas do centro urbano coma tamén as entradas das distintas parroquias. "Tui, Camiño do Nadal"
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
As luces do Nadal iluminan xa Tui, tanto as rúas do centro urbano coma tamén as entradas das distintas parroquias. "Tui, Camiño do Nadal"
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza entre venres 4 e o sábado 12 de decembro un mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Mañá venres, 4 de decembro, ás 18 h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui. Co lema “O Camiño do Nadal” o Concello de Tui continua a campaña iniciada en 2019 na que a posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas.
As actuais condicións de pandemia limitarán a celebración de actividades que tiñan lugar en anos anteriores, pero con todas as medidas de seguridade dende a Concellería de Cultura artellouse unha programación para o disfrute na rúa dunhas festas diferentes por parte de cativos e maiores.
Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase mañá a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal. A capacidade está reducida a 30 espectadores segundo o establecido pola Consellería de Sanidade na orde do 4 de novembro de 2020.
O filme recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes. Está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera.
A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso dirixidos ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui.
Dende os temas do seu primeiro traballo "A Galicia de Maeloc" aos do último disco "Atlántico" os compoñentes de Milladoiro fixeron un repaso aos 40 anos no mundo da música no concerto que ofreceron no Teatro Municipal de Tui o venres 13 de novembro.
O concerto pode volver a gozarse en redifusión o domingo, 15 de novembro, ás 19.30 h, a través de tui.gal, e da canle de Youtube do Concello de Tui.
Dende o Teatro Municipal de Tui poderase seguir en directo o concerto que o grupo Milladoiro ofrece hoxe ás 19.30 h dentro da xira do seu 40 aniversario.
O concerto volverá a estar dispoñible en redifusión o domingo ás 19.30 h.
O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, ás 19.30 h, o concerto do Grupo Milladoiro na súa xira 40 aniversario. A capacidade do teatro está reducida a 30 espectadores polas actuais medidas restritivas vixentes en Tui. As entradas dispoñibles esgotáronse xa a comezos de semana. Para poder chegar a máis público o Concello de Tui apostou por retransmitir en directo este evento musical na web municipal www.tui.gal.
O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de “Fillos do océano” o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto “Corrente cultural” que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui
Mañá mercores, 11 de novembro, ás 11 h terá lugar na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica, a inauguración da exposición fotográfica “Fillos do Océano” de Javier Teniente. A mostra, que se poderá visitar ata o día 6 de decembro en Tui, enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Tui, ABANCA e Afundación.