O Concello de Tui crea os premios “Cidade de Tui” para recoñecer ás persoas ou entidades que que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local
A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui acordou a creación dos Premios “Cidade de Tui” para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do noso concello que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou teñen contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui, asi como a súa convocatoria para este ano 2021.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.