Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui acolle a exposición “Jewish Journeys / Viaxes Xudías” da Biblioteca Nacional De Israel

Undefined

Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe. 

O Concello de Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do "Día de Rosalía" con diversas iniciativas en lembranza da nosa poeta máis universal

Undefined

A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración o vindeiro 24 de febreiro do “Día de Rosalía” en que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia, Rosalía de Castro, pola súa defensa do pobo e da lingua.  

Tui convida a celebrar o Entroido na casa e compartilo nas redes sociais

Undefined

Este ano debido á situación de pandemia non haberá actividades presenciais para a celebración do Entroido en Tui. Dende o Concello de Tui convídase á veciñanza a celebrar este festexo tradicional na casa e compartir as fotografías nas redes sociais.  Deste xeito dende o Concello quérese manter viva esta celebración aínda que teña que ser na casa coas persoas convivintes. É por iso que se convida a fotografarse disfrazado e compartir as imaxes nas redes sociais coa etiqueta #EntroidoTui.

O Concello de Tui amplía a capacidade de depósito do arquivo municipal

Undefined

O Concello de Tui vén de ampliar a capacidade de depósito do Arquivo Municipal de Tui coa instalación de novos módulos de armarios tipo compactus para a documentación administrativa do Concello tudense. Coa instalación destes novos módulos o Arquivo Municipal tudense incrementa en máis de 80 metros lineais de estantes a capacidade dos seus depósitos

Tamén foron adquiridos deshumidificadores e termohigrómetros para garantir as condicións axeitadas de conservacións da documentación e algunha peza de mobiliario de oficina.

Suspendidas as actividades presenciais do Entroido 2021

Undefined

O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e as novas medidas establecidas pola Xunta suspende as actividades previstas cada ano co gallo do Entroido, o próximo martes 16 de febreiro. Estábase a traballar na realización de actividades que cumprisen todos os protocolos de prevención establecidos ante a actual situación sanitaria. 

Dende o Concello estanse a estudar alternativas virtuais para festexar o Entroido dun xeito diferente pero mantendo o seu carácter.
 

A Biblioteca Municipal de Tui presente nas redes sociais para promover a lectura

Undefined

Dende o pasado luns 11 de xaneiro, coincidindo coa celebración do “Día dos usuarios das bibliotecas”, a Biblioteca Municipal de Tui comezou a súa presenza no ámbito das Redes Sociais abrindo os seus perfís en Facebook, Instagram e Twitter na procura de mellorar a súa comunicación co seus usuarios, cos afeccionados á lectura e, en definitiva, coa cidadanía en xeral.

Máis de 600 persoas asistiron á recepción dos Reis Magos

Undefined

Día cheo de maxia, de ilusión, de desexos o que se viviu no Teatro Municipal de Tui dende ás once da mañá até pasadas as oito da tarde. Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, realizaron unha recepción para os nenos e nenas de Tui e ás sús familias. Dada a actual situación de pandemia nonse puido realizar a tradicional Cabalgata Internacional de Reis, pero os Magos de Oriente non quixeron deixar de escoitar aos cativos e cativas a partes iguais nerviosos e ilusionados. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura