O MUMI arranca mañá cun espectáculo inédito creado para o encontro
Tui e Valença prepáranse para acoller a partir de mañá xoves, a programación da 4ª edición do Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal MUMI 2023. O único mercado de músicas que existe na Galiza neste momento naceu hai catro anos co obxectivo de reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas antes as principais entidades e empresas programadoras, pero tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués que inexplicablemente viven de costas ás músicas que se fan no país veciño.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.