David Pérez Rego ‘Cato’ presenta a súa obra en Tui
Mañá venres, 8 de setembro, ás 20 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez a mostra ‘Arquitectura, debuxo e tinta” do artista porriñés David Pérez Rego ‘Cato’. O artista presenta ao longo deste mes de setembro máis de 50 debuxos orixinais, caracterizados por reproducir ao detalle, con estilógrafo, obras do patrimonio arquitectónico de Galicia.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.