A actriz Isabel Blanco lerá este sábado o pregón das Festas de San Telmo
A actriz Isabel Blanco será a encargada, este sábado 30 ás 12.45 h na carpa da Corredoira, de dar lectura ao pregón das Festas de San Telmo 2024. A actriz conta cunha longa traxectoria no cinema e na televisión, dende a serie da TVG “Mareas Vivas” a “Nada es para siempre” de Antena 3 ou “Efectos secundarios” e “Todos os Santos “da TVG”. Foi a presentadora de programas coma “A Repanocha”, “O Rei da Comedia”, e participou tamén no Luar.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.