Música para celebrar o Nadal en Tui
A música será a protagonista da celebración do Nadal este venres, ás 20.30 h, no Teatro Municipal de Tui co concerto de Nadal que van ofrecer a Banda de Música Popular de Tui e as corais do CEIP de Pazos de Reis, Ponte das Febres, San Telmo e Centro Social. Interpretarán panxoliñas xunto a outras composicións nun evento musical no que as cinco agrupacións se irán sucedendo no escenario ou actuando conxuntamente para ofrecer un fermoso espectáculo. As entradas están á venda en tui.gal até dez minutos antes do inicio do concerto, aos prezos de 4€ e 3€.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.