As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego
As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego coa transformación iniciada hai uns anos, e continúan coa potenciación dos valores locais. Estas festas, para vivir na rúa, foron presentadas esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Núñez, e os concelleiros Rafael Estévez, Miguel Méndez e Ismael Diz.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.