Presentación da Aloiada 2024
Mañá mércores, 12 de xuño, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2024, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 13 e venres 14 coa participación de máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que estarán acompañados por ao redor de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.