O MUMI converterá a Eurocidade Tui-Valença nun fervedoiro de tendencias musicais
O V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, preséntase de novo como escaparate da rentrée musical conxugando a súa dobre función de mercado para a industria musical, e festival aberto ao público con propostas gratuítas a pé de rúa.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.