O Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de abril
O pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo. Trala presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até o Concello de Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.