"Patapatúm" é o título da obra que este venres Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui
Este venres, 8 de febreiro, ás 20h chega ao Teatro Municipal de Tui a compañía Elefante Elegante para pór en escena unha obra para público familiar titulada "Patapatúm".
María Torres, Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín Bolaños, conformando o elenco do espectáculo.
Patapatúm é unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.