Tui celebrará o domingo 17 de marzo o Desfile-Concurso de Entroido e o domingo 24 o Enterro do Bacallau
A choiva e o vento do pasado martes obrigaron a suspender o Desfile-Concurso de Entroido, que se vai celebrar o domingo, 17 de marzo, ás 17.30 h no circuíto establecido polas rúas novas.
Para manter a secuencia lóxica dos eventos de Entroido, e ante a incertidume do tempo, vénse de aprazar a celebración do Enterro do Bacallau, previsto inicialmente para este domingo 10, para o domingo 24 de marzo. Deste xeito primeiro terá lugar o desfile-concurso e á semana seguinte a despedida do Entroido co Enterro do Bacallau.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.