Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

O concello de Tui recada máis 13.700€ tras regularizar a situación dos postos do mercado semanal

Undefined

O Concello de Tui  vén de recadar 13.712 € no proceso de regularización do mercado semanal dos xoves levado a cabo nos últimos meses. Con esta actuación, iniciada no mes de febreiro, buscou que todos os vendedores ambulantes que acoden ao mercado que se celebra os xoves na cidade estean ao día no pago das correspondentes taxas. Para iso comunicóuselles a aqueles que tiñan pendente algún recibo a cantidade adebedada e déuselles un prazo de 30 días para facer efectivo o pago.

A artesanía será a protagonista esta fin de semana no conxunto histórico de Tui

Undefined

O conxunto histórico de Tui será o escenario esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de maio, da XXII Feira de Artesanía organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui. O obxectivo desta actividade, que conta cunha longa tradición na cidade, é apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.

Ata o venres 13 de abril aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía

Undefined

Até o venres 13 de abril está aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui. A convocatoria vai dirixida a artesáns galegos con Carta de Artesán, ou doutras comunidades co carné acreditativo equivalente.

Ofértanse 70 postos de exposición e venda que se emprazarán na rúa Ordóñez, praza do Concello e Praza de San Fernando o sábado 5 e o domingo 6 de maio de 12 a 22h.  Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire.

O goberno municipal propón un cambio de emprazamento do mercado semanal dos xoves cara á prolongación de Casal Aboy

Undefined

O goberno municipal de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, está traballando para actualizar o mercado semanal que se celebra os xoves na cidade en varios ámbitos. Por unha dende mañá xoves dase un prazo dun mes aos vendedores ambulantes para pórse ao día no pago das taxas atrasadas. Precisamente mañá aqueles que teñan pendente de pago algún recibo recibirán unha notificación coa cantidade adebedada, que deberán facer efectica no prazo de 30 días, en caso contrario non poderán volver montar o seu posto no mercado.

Mañá celébrase no Paseo da Corredoira a Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado

Undefined

O Paseo da Corredoira de Tui acolle mañá martes, 25 de xullo, de 10 a 21h unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas.

Dende a Glorieta de Vigo até os soportais distribuiranse os 45 postos de anticuarios chegados de distintos puntos de Galicia, Portugal, Asturias, e un de Francia. Ao longo do día non faltará a animación musical e mesmo ás 20h está previsto un concerto de rock clásico.

O xoves 2 de febreiro realizarase un control dos postos do mercado semanal para verificar que cumpren coa normativa

Undefined

O xoves, 2 de febreiro, o Concello de Tui levará a cabo un control selectivo dos postos do mercado semanal unha vez rematou o prazo de renovación da documentación correspondente ao ano 2017. O obxectivo é comprobar que os vendedores ambulantes teñen a documentación e o pago das taxas ao día polo que a Policía Local levará a cabo o control a primeira hora da mañá previa a montaxe dos postos, de tal xeito que aqueles que non cumpran cos requisitos marcados non poderán instalarse no mercado semanal.

Ordenanza fiscal - Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

Regulamento municipal de venda ambulante

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio