Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Publicada a Listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa “Reactiva Tui”

Undefined

Vense de publicar na web municipal a aprovación provisional da listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial, aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión de data 28 de maio de 2020 e publicadas no BOPPO núm 109 de 09 de xuño de 2020.

Nota informativa sobre o mercado dos xoves

Undefined

Comunícase que tras a apertura do mercadillo no novo emprazamento o pasado día 18/06/2020, os vendedores ambulantes que, tendo a súa licenza renovada para exercer a súa actividade no ano 2020, NON OCUPEN os seus postos sen razón acreditativa xustificada, por parte deste Concello iniciarase expediente de revogación nos termos do artigo 9 do Regulamento de venda ambulante do Concello de Tui (BOPPO 124 do 1 de xullo de 2013): “ AR

O mercado dos xoves regresa mañá nunha nova ubicación para garantías medidas de seguridade

Undefined

Dende mañá xoves, 18 de xuño, volverá celebrarse o mercado semanal dos xoves en Tui.  Para cumprir coas medidas sanitarias derivadas da actual situación dende o Concello decidiuse o cambio de emprazamento do mercado cara á zona de Camfran, entre a prolongación de Casal Aboy e a Avenida de Concordia, cunha superficie de case 15 mil metros cadrados.

O Concello está a realizar obras de mellora e acondicionamento no recinto, consistentes no acondicionamento e homoxeneización do espazo, o que redundará nun espazo máis seguro ante a actual situación.

O luns abre o prazo de presentación de solicitudes do programa Reactiva Tui

Undefined

O luns, 15 de xuño, abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas extraordinarias de emerxencia Reactiva Tui.  O martes, 9 de xuño, publicáronse no BOPPO as bases destas axudas, tras ser aprobadas en pleno o pasado 28 de maio, e onte venres publicouse o extracto das mesmas, o que da inicio ao prazo de presentación de solicitudes dende o luns e durante un período de 15 días.

Aprobadas en pleno as bases reguladoras do programa de axudas Reactiva Tui

Undefined

Reactiva Tui é o nome do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia que ten coma obxectivo mantemento e impulso do tecido empresarial local. Onte en pleno foron aprobadas as bases reguladoras deste programa ao que o Concello de Tui destinará 280 mil euros, procedentes do remanente de tesourería, para impulsar os negocios que tiveron que pechar debido á Covid-19.

“É Tui” porá ao comercio local a un clic do consumidor

Undefined

“É Tui” é o nome da plataforma comercial en liña que lanza o Concello de Tui para apoiar ao tecido comercial local.  Trátase dunha plataforma moi visual, de imaxe atractiva,  doado uso e identidade propia que marcará a diferencia do comercio tudense. Incorpora importantes novidades respecto a outras plataformas similares do mercado. Estará accesible en 4 idiomas: galego, castelán, portugués e inglés. Está previsto que comece a funcionar na primeira semana de xuño

Tui pon en marcha unha plataforma de venda on line para o comercio local

Undefined

O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19. O concello de Tui financia e pon en marcha esta nova ferramenta coa que adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e apostado pola profesionalización e a competitividade.

Tui permitirá ampliar terrazas e anula a taxa de ocupación

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro anunciou no día de hoxe ao sector hostaleiro e de restauración do municipio a exención das taxas das terrazas a todos os establecementos desde o inicio da declaración do Estado de Alarma e durante o tempo que se manteña esta situación extraordinaria. Esta decisión foi acadada no seo da corporación municipal.  Esta medida acompañarase ademais, da posibilidade de ampliar os espazos ocupados polas terrazas para facilitar así o cumprimento das recomendacións de distancias entre mesas e evitar a redución da capacidade na medida do posible.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio