Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Undefined

Dende este xoves, 7 de novembro, a  rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade.  Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín. 

O Concello de Tui inicia a elaboración dun Diagnóstico da situación e usos do Mercado Municipal

Undefined

O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida. 

O luns celebrarase unha charla informativa sobre a Rede de Comercios no Camiño

Undefined

O próximo luns, 4 de novembro, ás 14 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar unha charla informativa dirixida ao comercio local para informar da creación da Rede de Mercados e Comercios no Camiño. Trátase dun proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.  Esta actividade está organizada pola Concellería de Comercio do Concello de Tui.

Esta fin de semana celébrase a XXIII Feira de Artesanía de Tui

Undefined

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de maio, vaise celebrar no conxunto histórico a XXIII Feira de Artesanía de Tui.

A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán,  así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.

Até o 19 de abril pódense presentar as solicitudes para participar na XXIII Feira de Artesanía de Tui

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, vén de abrir o prazo de solicitude de participación na XXIII Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar o sábado 4 e o domingo 5 de maio. En concreto convócanse 50 postos de venda directa.

Tui celebra un Nadal Solidario cunha pista de xeo ecolóxica coma principal novidade

Undefined

Un tramo do Paseo da Corredoira transformarase nun espazo de lecer para a familia que terá coma principal atractivo unha pista de xeo ecolóxico. Pero tamén haberá actividades de animación para os máis pequenos, música, obradoiro de Nadal ou de cociña amais de recibir a visita de Papa Noel e dos paxes reais.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio