Tui acolle a exposición itinerante “Aquela nena de Sarria”
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá este luns, 3 de maio, ás 13 horas a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.