Tui incrementou un 10% a reciclaxe de envases entre febreiro e abril con respecto ao mesmo período do ano anterior
Grazas a implicación da cidadanía Tui incrementou nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano, con respecto ao mesmo período de 2020. Deste xeito Tui superou o reto fixado na campaña “Recicla e Únete ao Reto” de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Mañá venres, 14 de maio, ás 12 h, na praza dos Barcos de Sanxenxo, representantes municipais acudirán a recoller este premio dotado con 2 mil euros que serán doados integramente a unha causa social.