O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibe na casa do concello o novo comandante naval do Miño
Hoxe tivo lugar na Comandancia Naval do Miño o acto de Entrega de Mando ao capitán de corbeta Pablo Redondo Belzunce. Estivo presente no acto o almirante de Acción Marítima, Juan Luis Sobrino Perez-Crespo e o capitán saliente, Juan Díaz Rodríguez, xunto a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.