Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A estimulación cognitiva e funcional dos usuarios e o apoio ás familias obxectivos dos obradoiros impartidos por AFAGA clausurados onte

Undefined

Máis  dunha ducia de persoas participaron esta temporada nos obradoiros de “Estimulación Cognitiva e Funcional” que AFAGA en colaboración co Concello de Tui imparte en Randufe. Os usuarios e usuarias acoden en dous grupos os luns e mércores e os martes e xoves.

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario mañá xoves, 29 de xullo

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 29 de xullo de 2021, ás 20 h sesión plenaria, nº 4/2021, correspondente ao presente mes de xullo. A sesión retransmitirase en director a través da Radio Municipal de Tui.

Orde do día: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior 3/2021 celebrada o día 27/05/2021.

As artes de rúa conquistan a Eurocidade Tui-Valença esta fin de semana

Undefined

As artes de rúa conquistan esta fin de semana a Eurocidade Tui-Valença coa primeira edición do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença. Dende este venres, 23 de xullo, ao domingo 25 de xullo, haberá un total de 24 espectáculos para público familiar no Jardim Municipal, no Jardim das Amoreiras e no Governo Miitar en Valença e na praza do Concello, o Paseo da Corredoira e o Paseo Fluvial de Tui.

Mañá preséntase o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Mañá martes, 20 de xullo, ás 16 hora española presentarase na Pousada de San Teotonio en Valença o I Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Lópes, da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e do vareador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira. 
 

Máis de 60 persoas maiores de 55 anos participaron no programa Cultiva a Mente en Tui

Undefined

O pasado venres tivo lugar a clausura da actual temporada do programa Cultiva a Mente promovido polo Concello de Tui e AFAGA para promover un envellecemento activo e saudable. Dende o pasado mes de setembro participaron no mesmo máis de 60 mulleres e homes distribuídos nos grupos que semanalmente se reunían en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  

O alcalde e os concelleiros de Deportes e Turismo despediron aos membros equipo olímpico uruguaio concentrado en Tui que partiu cara Toquio

Undefined

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño.  En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

Está en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria do Concello de Tui

Undefined

O Concello de Tui, a través do departamento de Tesourería, vén de por en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria, OVT, accesible dende a web municipal www.tui.gal.  Trátase dun sinxelo sistema que está operativo as 24 horas dos 365 días do ano permitindo realizar os pagos dende calquera dispositivo evitando desprazamentos. 

Tui presenta unha ambiciosa programación de verán con seis festivais internacionais

Undefined

Seis festivais, cinema, música, teatro e danza conforman a programación cultural que este verán se poderá gozar en Tui. Co lema “Saímos con sentidiño” dende o próximo martes 13 de xullo e até finais de setembro poderemos gozar dunha oferta cultural diversa, variada, e internacional con todas as medidas de seguridade.  Vén recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira da que se editan 12 mil exemplares. Está xa accesible en www.tui.gal.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía