Tui conta co orzamento máis alto da súa historia por importe de 12,36 millóns de euros
O Concello de Tui ten xa en vigor o orzamento máis alto da súa historia por 12.368.603,43 €. O pasado venres publicouse no Boletín Oficial da Provincia o Presuposto, Cadro de Persoal e as súas Bases de Execución para o exercicio 2025.
Os orzamentos aprobáronse inicialmente vinculados a unha cuestión de confianza presentada polo alcalde, tras ser rexeitadas as contas en pleno. Tras a exposición ao público foron aprobadas definitivamente.





