A Biblioteca Municipal recibe máis dun centenar de libros sobre a memoria democrática
Esta mañá foi formalizado o acto de entrega á Biblioteca Municipal de Tui dunha colección bibliográfica sobre a memoria histórica, integrada por máis dun centenar de títulos que conforman dende agora, xunto aos fondos propios da biblioteca tudense, unha colección específica sobre esta temática. Por parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e a Louriña, asinou a acta de entrega Ramón Fernández Leal xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.





