O Concello de Tui denuncia actos vandálicos no Paseo Fluvial e na rúa Lugo
O Concello de Tui denuncia os actos vandálicos rexistrados na ribeira do río Miño, no Paseo Fluvial, e nunha árbore na rúa Lugo. Estes feitos foron postos en coñecemento da Policía Local e do SEPRONA que están a investigar o acontecido.
Por unha banda no Paseo Fluvial, no entorno do Penedo, unha zona próxima ao río apareceu o pasado 16 de xuño rociada con herbicida. No mesmo lugar o pasado sábado, ás 2 h, rexistrouse un incendio forestal. Por outra parte, unha árbore na rúa Lugo apareceu con danos no seu tronco, posiblemente causados por unha machada, nun posible tento de cortala ou provocar que seque.
Dende o Concello de Tui faise un chamamento ao respecto dos lugares e elementos naturais nos espazos públicos. Amais solicítase a colaboración cidadá para identificar aos posibles autores destes feitos.





