Tribunal e data de exame do proceso de contratación dun Técnico de apoio e atención ao inmigrante e emigrante retornado
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictouse a seguinte:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- En relación co proceso de selección para a contratación dun TÉCNICO DE APOIO E ATENCIÓN AO INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dna. Ángeles Domínguez Ramos.
*Dna. Miriam Buján Garrido.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez.
-Secretaria: * Dna. Irene Suárez López.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, aos aspirantes e ao Tribunal para o día 9 de abril de 2010, ás 11:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Tui, sita Praza do Concello, nº 1, para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a sete de abril de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE