Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resolución definitiva do primeiro exercicio da Policía Local e data do segundo exercicio

20/04/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO TRIBUNAL AVALIADOR DAS PROBAS SELECTIVAS PARA A COBERTURA DE TRES PRAZAS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA SERVIZOS ESPECIAIS, CLASE POLICIA LOCAL POLA QUENDA LIBRE.

 

CERTIFICA:

 

Que unha vez celebrada a primeira proba do proceso selectivo arriba indicado, consistente en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, a un examen tipo test de 100 preguntas con catro respostas alternativas, relacionadas co contido do temario anexo I da convocatoria.

 

Que unha vez rematado o prazo concedido aos aspirantes para a presentación de alegacións aos resultados provisionais do primeiro exercicio do devandito proceso de selección e unha vez avaliadas as mesmas polo tribunal calificador.

 

Que unha vez aprobada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron o primeiro exercicio, presentáronse reclamacións a mesma, relativas a erro material no cómputo das puntuacións obtidas polos aspirantes. E unha vez reunido o tribunal cualificador para a avaliación das mesmas, por unanimidade dos seus membros acórdase:

 

Primeiro: Aprobar o listado definitivo de aspirantes que superaron o primeiro exercicio:

 

APELIDOS E NOME PRIMEIRO EXERCICIO Acreditación  Celga IV
 ALVAREZ ÁLVAREZ, CARLOS  5,73  Exento 2º exercicio
 BLANCO DURÁN, BENJAMÍN  5,33  Exento 2º exercicio
 DE LA PEÑA CORONA, LUIS ALEJANDRO  5,06  Exento 2º exercicio
 FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, ALEXANDRE  5,33  Non exento
 GAGO LORENZO, JOSÉ ÁNGEL  5,46  Exento 2º exercicio
 NOUCHE LÓPEZ, ANDRÉS  5,06  Exento 2º exercicio
 RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, AGUSTÍN  5,20  Exento 2º exercicio
 VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, ALMUDENA  5,06  Exento 2º exercicio
 VÁZQUEZ MÁRQUEZ, CÉSAR  5,46  Exento 2º exercicio

 

 

Segundo: Convocar aos aspirantes para a realización do segundo exercicio do proceso de selección, coñecemento da lingua galega, agás os que acreditaron posuir, no prazo de presentación de instancias, o título CELGA IV ou equivalente debidamente homologado, a celebrar o vindeiro xoves 28 de abril de 2011 ás 12:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial, sita na Praza do Concello, nº 1 de Tui.  

 

E para que así conste, expido a presente, en Tui, a 20 de abril de 2011.

 

 

A SECRETARIA DO TRIBUNAL