Puntuacións do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun monitor para o curso “Operacións Auxiliares de Montaxe de redes”
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO TRIBUNAL ENCARGADO DE AVALIA-LO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN MONITOR PARA DESENVOLVE-LA ACCIÓN FORMATIVA CURSO “OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE REDES” DENTRO DOS CURSOS AFD CONCEDIDOS AO CONCELLO DE TUI PARA O ANO 2010,
CERTIFICA: Que, por unanimidade dos membros do Tribunal, outorgáronse as seguintes puntuacións ós aspirantes presentados ós cursos que tamén se indican:
ASP ASPIRANTES |
Total |
Total Probas (60%) |
Total |
Romero Gómez, Jose Alberto |
8,27=3,30 |
9,50=4,38 |
7,68 |
Faise constar a conversión da puntuación obtida, tendo en conta que a puntuación obtida na fase de concurso supón o corenta por cento da puntuación total do proceso de selección sendo o sesenta por cento restante o valor da fase de oposición.
Á vista das puntuacións anteriores e de conformidade co estipulado nas Bases da Convocatoria, por unanimidade dos membros do Tribunal, acordouse propoñer á Alcaldía para a súa contratación laboral temporal á seguinte persoa para impartir como monitor do Curso de Operacións de Montaxe de Redes:
*D. JOSÉ ALBERTO ROMERO GÓMEZ, con DNI nº 35.553.999-R
No prazo de cinco días hábiles contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello, o aspirante proposto deberá presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinaladas nas Bases da Convocatoria para acceder ós postos de traballo, perdendo os seus dereitos se así non o fixeran.
E para que así conste, expido a presente en Tui a vintenove de setembro de dous mil dez.
A SECRETARIA DO TRIBUNAL