Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do “2 Marxens Rock”

7/07/2010

Martes, 6 de xullo de 2010. Dentro da liña de colaboración establecida entre o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença esta fin de semana vaise celebrar nos dous municipios o “2 Marxens Rock”, un festival de música que vai reunir a grupos tudenses e valencianos.

 

A presentación desta primeira edición do “2 Marxens Rock” vai ter lugar este xoves, 8 de xullo, ás 11.30h no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo en Tui. Comparecerán ante os medios de comunicación o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Mendes, así coma o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e o Vareador de Cultura de Valença, José Temporão Monte Tamén estarán presentes un representante de cada un dos grupos que vai actuar neste festival.