Obradoiros sobre prevención do tabaco entre escolares organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello
Obradoiros sobre prevención do tabaco entre escolares organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello
Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, desde o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello está a levar a cabo uns talleres preventivos en todos os Centros Escolares, nos cursos de 6º de primaria, os cales deron comezo o luns 24 de maio no Ceip de Randufe e rematarán o día 3 de xuño no Ceip de Guillarei.
O desenvolvemento destes talleres, cunha metodoloxía dinámica, na que os alumnos son os que levan adiante o taller coa súa participación, preténdese:
- ofrecer aos alumnos unha formación preventiva sobre o tabaco
- Incrementar a percepción de risco e habilidades para futuros consumos.
- Aclarar mitos e crenzas erróneas.
O traballo que levan a cabo na aula será publicado na revista "aprende a escoital@s"