Nomeamento de Tribunal e data do proceso de selección da praza de operario de asuntos múltiples
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictouse a seguinte:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- En relación co proceso de selección para a contratación dun OPERARIO DE ASUNTOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE TUI, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dna. María Jesús Blanco Martínez.
*D. José María Melero González.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez.
-Secretaria: * Dna. Irene Suárez López.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, aos aspirantes e ao Tribunal para o día 22 de abril de 2010, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Tui, sita Praza do Concello, nº 1, para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vinteun de abril de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE