Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves, ás 11, na sala de concelleiros do Concello de Tui vai ter lugar a presentación da representación teatral prevista para este sábado no Teatro Municipal

10/11/2010

Rolda de prensa

Mércores , 10 de novembro de 2010. Mañá xoves, ás 11, na sala de concelleiros do Concello de Tui vai ter lugar a presentación da representación teatral prevista para este sábado no Teatro Municipal. Trátase da posta en escena da obra “A taberna sen dono” polo Teatro da Guía, dentro dos actos conmemorativos do 25 aniversario da Asociación Cultural Xuntanza, e neste caso coma homenaxe a Miguel Troncoso que foi director deste grupo teatral.

Na presentación comparecerán o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e parte do elenco que este sábado actuará no teatro.

 

Presentación obra teatral
Lugar: Sala de Concelleiros do Concello de Tui
Data e hora: Xoves, 11 de novembro, ás 11h