Mañá celébrase en Tui o XV Encontro dos pobos
Mañá celébrase en Tui o XV Encontro dos pobos
Martes, 22 de xullo de 2008. A Praza de San Fernando acolle mañá mércores, 23 de xullo, ás 22.30h o XV Encontro dos Pobos que organiza o grupo “Do Lusco ao Fusco”. Este espectáculo forma parte da programación cultural para o segundo semestre do ano que organiza a Concellería de Cultura de Tui.
Participarán os grupos Doina de Bucarest de Romanía, Virgen de Finibusterre de Toledo, Do Lusco ao Fusco da Guarda e “Inquedanzas” de Pazos de Reis de Tui.
Entre todos abrirán unha nova fiestra a cultura e saber dos pobos ao través do folclore.
XV Encontro dos Pobos
Data: Mércores 23 ás 22.30h
Lugar: Praza de San Fernando
Participan os grupos:
-
Doina de Bucarest
-
Virgen de Finibusterre de Toledo
-
Do Lusco ao Fusco da Guarda
-
“Inquedanzas” de Pazos de Reis de Tui.
Organiza: Concellería de Cultura