Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lista de admitidos,data de exame e tribunal do proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun PROFESOR DE PIANO, HARMONÍA E ANALISE para o Concello de Tui

9/11/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

“Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun PROFESOR DE PIANO, HARMONÍA E ANALISE para o Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 25 de outubro de 2010.

Publicada mediante inserción de anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do mesmo, a lista provisional de admitidos e excluídos, aprobada en virtude de Resolución de Alcaldía de data 4 de novembro de 2010, e concedendo un prazo de tres días hábiles aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Resultando que, durante o citado período,  no se presentaron alegacións a devandita lista provisional, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:

ADMITIDOS.

-Cristobal Calvo, Beatriz.

EXCLUIDOS :  

-Mariño Álvarez, Xabier (non presenta a titulación esixida na convocatoria).
 
SEGUNDO.-. Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

              -Presidente: *D Aitor Iglesias Monzón.
               -Vocais: *Dna. Miriam Buján Garrido.
                             *D. Rafael Sánchez Bargiela.
                             *D. José Ángel Fernández Rodríguez.         
               -Secretaria: *Dna. Irene Suárez Lopez.
               -Asesores: * D. Karolis Biveinis.
                                 *D. Jesús González Rodríguez.           
   
TERCEIRO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o día 10 de novembro de 2010, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a oito de novembro de dous mil dez.

Visto e Prace
O ALCALDE