Lista de admitidos, tribunal e data de exame do proceso de selección de dúas prazas de axuliar da policia local
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL do Concello de Tui mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 22 de decembro de 2010, e publicada no Faro de Vigo de data 26 de decembro de 2010, e non existindo aspirantes excluidos, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos no proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS:
-Areal Lago, Damián.
-Diz González, Víctor.
-Domínguez González, Belén.
-González Alonso, Avelino.
-Martínez Rodríguez, Generoso.
-Moral Soto, Enrique.
-Posse Cabaleiro, Jonathan.
-Seoane Rodríguez, José Manuel.
SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Avelino Martínez Pérez (titular).
*D. José Ramírez Pérez (suplente).
-Vocais: *D. Benito Morais Caraballo (titular).
*D. Germán Souto Presa (suplente).
*D. Cándido Pérez Solleiro(titular).
*D. César Rodríguez García (suplente).
*D. David González Martínez (titular).
*D. Esteban Álvarez González (suplente).
-Secretario: *D. Sergio Bugallo Garrido (titular).
*D. Sergio Martínez Ferreira (suplente.
TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro luns, día 17 de xaneiro de 2011 ás 17:00 horas, nas Instalacións Deportivas Alcalde Álvarez Durán (Randufe), para a realización das probas físicas, procedéndose unha vez finalizadas, á realización das probas teóricas no Centro de Formación do Concello de Tui, sito en Gándara-Guillarei, s/n.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a trece de xaneiro de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE