Información curso de atención socio sanitaria a dependentes en institucións sociais
DESCRICIÓN :
Acción formativa que capacita para atender á persoa dependente en institucións sociais, con alteracións da súa saúde física, psíquica e social, de tal xeito que a institución social proporcione as carencias socio sanitarias que teña para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno. Esta formación capacita para obter o certificado de profesionalidade de atención socio sanitaria a dependentes en institucións sociais.
METODOLOXÍA
O proceso de aprendizaxe será unha combinación de clases teóricas, así como prácticas que se desenvolverán en centros sanitarios ou de maiores, poñendo deste xeito en contacto ao alumnado coa realidade laboral.
BENEFICIARIOS:
Emigrantes retornados e inmigrantes.
PROGRAMA FORMATIVO:
A duración será de 460 horas lectivas, que se distribuirán en 370 horas de formación teórica, 80 horas de formación práctica, 5 horas dun curso de manipulación de alimentos e 5 horas dun módulo de técnicas de busca de emprego.
DATAS:
Do 8 de xullo e ata o 15 de novembro de 2010. HORARIO: De luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h.
LUGAR:
Vigo (Pontevedra). Na Rúa Romil, nº 75/77 .
PRAZAS
15 alumnos
CUSTO:
Totalmente Gratuíto. INCENTIVOS Á ASISTENCIA: Outorgaranse unha axuda de 6 € por cada día de asistencia ao curso, a tódolos asistentes
FINALIZACION PRAZO DE INSCRICIÓN:
3 de xullo de 2.010.