Hoxe comeza a II Semana do Teatro Afeccionado no Teatro Municipal ás 21,00 h.
As representacións serán de luns a venres ás 21h no Teatro Municipal
Hoxe comeza a II Semana do Teatro Afeccionado
Luns, 5 de abril de 2010. O Teatro Municipal de Tui acolle dende hoxe luns 5 ata venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui. A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado contou con gran éxito de público e foi valorada positivamente polas asociacións de tal xeito que o Departamento de Cultura organizou esta segunda edición.
Hoxe luns iníciase a actividade co grupo de teatro da Asociación Cultural "San Fins" de Rebordáns que porá en escena "O cego de Fornelos". Mañá martes día 6 será a quenda do grupo "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas con "Por borrachíns". O mércores a cita será co grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui que presenta "A Herdanza". O xoves "Mesturanzas" da Asociación Cultural "Seixos Albos" de Areas porá en escena "As fillas do taberneiro". E por último venres actuará o grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra "Son nú" que inclúe e a actuación do grupo Xerock.
Todas as representación comezarán ás nove da noite. A entrada, sen numerar, ten un custe dun euro, e debe retirarse dende ás 19.30h no despacho de billetes.
II Semana do Teatro Afeccionado de Tui
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Programación:
- Luns 5 ás 21h
- Grupo de teatro da Asociación Cultural "San Fins" de Rebordáns con "O cego de Fornelos"
- Martes 6 ás 21h
- Grupo "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas con "Por borrachíns".
- Mércores 7 ás 21h
- O grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui con "A Herdanza".
- Xoves 8 ás 21h
- O grupo "Mesturanzas" da Asociación Cultural "Seixos Albos" de Areas con "As fillas do taberneiro".
- Venres 9 ás 21h
- O grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra "Son nú" que inclúe e a actuación do grupo Xerock.
Entradas: 1€ - á venda dende ás 19.30h