Data e lugar da proba no proceso de selección dun operario de servizos diversos
DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal DUN OPERARIO DE SERVIZOS DIVERSOS para o Servizo de Augas do Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Ignacio Álvarez Martínez.
-Vocais: *Dna. Ana María Perez Freiría.
*D. Germán Souto Presa.
*D. Jesús Fernández Dios.
-Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para o día 10 de xaneiro de 2011, ás 09:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a sete de xaneiro de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE