Data e fechas de exame do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, dun Auxiliar Administrativo a tempo parcial.
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal, DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO a tempo parcial para o Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela (titular).
D. José María Melero González (suplente).
-Vocais: *D. María Jesús Blanco Martínez (titular).
*D. Sergio Martínez Ferreira (suplente).
*D. José Ángel Fernández Rodríguez (titular).
*D. José Blanco Lago (suplente)
*D. David González Martínez (titular)
*D. Esteban Álvarez Martínez (suplente)
-Secretario: *Dna. Irene Suárez López (titular).
*Dna. Ceferina Saa Rodríguez (suplente).
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o vindeiro luns día 4 de outubro de 2010, ás 13:00 horas nas dependencias do Telecentro de Comuncacións do Concello de Tui, sito no Edificio Área Panorámica, Rúa Colón, nº 2, para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a trinta de setembro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE